Saturday 18 de May de 2024

Lara López e Antía Martínez participan no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo celebrado en Valladolid


Novamente as deportistas Antía Martínez Sánchez e Lara López Fernández deixaron ben claro que Ordes é terra de bos deportistas e que ademais non é necesario nacer a carón do mar para destacar no salvamento. Ambas participaron no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo Infantil e Cadete, disputado en Valladolid hai poucos días. Nesta ocasión Lara López acadaou o quinto posto e Antía Martínez o duodécimo na proba de 100 metros maniquí aletas infantil feminino.